martes, 11 de marzo de 2014

CIG-CGT-UGT-SGPS INFORMAN

¿POR QUÉ E NECESARIA ESTA FOLGA?

Porque non podemos seguir tolerando a perda das nosas condicións laborais, o incumprimento do noso convenio colectivo (xornada, promoción interna...etc.) incumprimento da sentenzas, conxelación salarial dende o ano 2010, reduccións de xornadas obrigatorias...etc.
Porque levamos anos traballando baixo a coacción e as ameazas de despidos que fóronse  cumprindo,  lembremos o despedimento de CHELO , os  15 de ARQUIVO , as 27 LIMPADORAS e agora ameaza de 13 compañeiras/os , estes últimos por non aceptar o Comité de empresa as modificacións sustanciais das condicións laborais de carácter Colectivo .

¿POR QUÉ NON ACEPTAMOS ESTAS MODIFICACIÓNS?

Porque aceptala significa aceptar a Xornada flexible e irregular , porque esa modificación non é vir a traballar algún fin de semán de mañan ou de tarde nas prantas , significa perder a túa xornada de 40 ou 41 horas semanais con uns descansos fixos e pasar a unha xornada que vai dende 35 a 42 horas que se computarían semanal ou mensual a unha xornada que a empresa modificaría según as súas necesidades , unha xornada que pouco a pouco pasaría a toda a plantilla ata axustala as necesidades da empresa . Esto xa o quixo negociar a Empresa coa mediación en Xuño do ano 2013 e todas as Seccións Sindicais  estivemos en contra incluida CC.OO e ASEMBLEA de traballadoras e traballadores.
Esta folga foi aprobada en asemblea de traballadoras/es por maíoria e a man alzada como se fixeron todas, setembro do 2013 a man alzada saiu NON a folga acatada por todas as Seccións sindicais incluidas as que estaban a favor da folga. Folga de agosto do 2013 a man alzada. A os que agora non lles vale, preguntamos.
¿Qué mudou agora? ¿Por qué non queren ir  a folga? ¿Por qué quixeron  negociar esas modificacións? , cando sería a ruina para todas e todos. ¿Qué pactos teñen coa empresa? ¿Que é mais importante agora buscar novas afiliacións ou defender os dereitos de todas/os as/os Traballadoras/es?

NON BUSQUES EXCUSAS
NON TE DEIXES MANIPULAR
ESTA FOLGA E MAIS IMPORTANTE QUE A DE AGOSTO

O QUE A EMPRESA NON CONSIGUE NOS XULGADOS O CONSEGUIRA POUCO A POUCO CADA VEZ QUE AS/OS TRABALLADORAS/ES  OPTEMOS POLA RESIGNACIÓN EO SILENCIO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario