martes, 25 de novembro de 2014


Tras o publicado por CCOO no seu blog, no punto do anteproxecto de convenio de levar a gratificación persoal que cobran ás enfermeiras ata o ano 1999,



CIG informa:




No pleno do 30 de outubroSGPS propón levar no anteproxecto de convenio a gratificación persoal para todas ás enfermeiras/os, xa que como todos/ás sabedes ese complemento a empresa o pagou ata o ano 1999.



Nese pleno do Comite de Empresa todas ás seccións sindicais incluídas ás independentes menos SGPS e Jacinto dá CGT estiveron dacordo en non levalo no anteproxecto.

CIG solicitou aprazar ese punto para o próximo pleno, para valorar esa proposta do SGPS.



No pleno do día 13 de novembro a CIG manifestou que estaban totalmente dacordo, de que esa gratificación a cobrasen todas ás enfermeiras/os, pero que non se pode levar no anteproxecto de convenio xa que foi un acordo entre ás enfermeiras e a empresa na que o comité de empresa non tivo coñecemento. A CIG neste pleno propuxo negociar esa gratificación fora de convenio como se fixo no seu momento coas auxiliares de clinica e auxiliares administrativos cuio salario base era inferior a dos celadores ,esta equiparación dos salarios se fixo en 3 anos. A continuación procedeuse a votación coa proposta de levalo no anteproxecto de convenio a gratificación persoal  dás/dos enfermeiras/os.



-Votos a favor, 2 ( 1 do SGPS e 1 de Jacinto dá CGT )



-Votos en contra 10 (5 dá CIG, 2 UGT, 1 de Eduardo dá CGT e 2 dás independentes )



-Abstencións 2 de CCOO.



Como se pode ver CCOO manipula o que se fala e acorda nos plenos, onde contan o que queren e como queren e logo, cando teñen que votar se absteñen , cambiando de opinión cando no pleno do día 30 manifestaronse en contra de levar a gratificación dás enfermeiras no anteproxecto de convenio. Esta é a sua política , mentir, enganar e mirar para outro lado cando teñen que votar ou manifestarse.



Para a CIG, o CONVENIO COLECTIVO é de todos/ás e todas ás melloras que se acorden tanto económicas como sociais son para todos/ás ,todo o que se negocia a título individual entre traballador/a e empresa sen que se acorde co comité de empresa a o que nos leva é a que  a empresa retire esas gratificacións cando quera.



Cando os traballadores/ás únense gañamos todos/ás, cando dividímonos e cada un negocia a título individual perdemos todos/ás.




Na próxima asemblea convocada polo comité de empresa para presentar o novo anteproxecto de convenio a CIG non ten ningún problema en explicar unha vez mais a súa postura e os motivos polo que non apoian a proposta do SGPS de levar no anteproxecto de convenio a gratificación persoal dás enfermeiras.



Un saúdo