xoves, 17 de decembro de 2015

Desconvocan a folga na limpeza do Chuvi despois de que a empresa se comprometese a contratar máis persoal

Acciona, concesionaria do servizo, fará 11 novos contratos indefinidos a tempo completo e catro a tempo parcial
Os traballadores/as do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) decidiron esta mañá en asemblea desconvocar a folga indefinida despois de que a empresa se comprometese a contratar máis persoal. Acciona, concesionaria do servizo, fará 11 novos contratos indefinidos a tempo completo e catro a tempo parcial e mecanizará a recollida de residuos sólidos.
2015 12 16 AsembleaDesconvocatoriaFolgaLimpezaChuvi01
A folga indefinida promovida por CIG, CCOO e CGT quedou desconvocada a partir das 8.45 horas da mañá, cando os empregados/as de Acciona decidiron en asemblea celebrada no hospital Álvaro Cunqueiro asinar o preacordo pactado entre a dirección e o comité. Dende a federación de Servizos da central nacionalista valoraron moi positivamente o resultado das conversas porque suporá un incremento do persoal, e por conseguinte a redución da excesiva carga de traballo que padecían os empregados/as.
Deste xeito, a empresa terá que realizar 11 novas contratacións indefinidas a tempo completo, ademais de catro a tempo parcial que cubrirán as ausencias do persoal. Das 11 persoas que serán contratadas a tempo parcial, catro irán destinadas a reforzar a área de hospitalización, dúas ás áreas críticas de UCI, REAS, e quirófanos e outras dúas para a quenda de tarde. Ao mesmo tempo, a empresa levará a cabo a mecanización da recollida de residuos sólidos.
A acordo tamén contempla a creación dun grupo de traballo conxunto con representación da parte social e da empresarial que será o encargado de avaliar e de facer un seguimento dos postos de traballo e dos rendementos. A súa posta en funcionamento será inmediata, ao igual que o inicio das contratacións.
Ademais, a empresa comprométese a poñer a disposición dos traballadores/as cursos de formación en prevención de riscos laborais no ámbito hospitalario, así como cursos de técnicas de limpeza hospitalaria. Tamén se realizarán reunións periódicas da estrutura de mandos para unificar criterios organizativos orientados á mellora do servizo e xuntanzas empresa-comité para valorar o cumprimento do acordo e mellorar a comunicación entre as partes.
Finalmente, pactouse a elaboración do cadrante anual de traballo e libranzas para conseguir un incremento mínimo de tres presenzas diarias co obxectivo de reforzar a quenda de noite e que haxa sempre tres traballadores/as como mínimo.

sábado, 12 de decembro de 2015

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 26 de novembro de 2015 pola que se regula o exercicio de dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións xerais ao Congreso e ao Senado convocadas para o día 20 de decembro de 2015, polo Real decreto 977/2015, do 26 de outubro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións.
Convocadas eleccións xerais ao Congreso e ao Senado para o 20 de decembro de 2015, mediante o Real decreto 977/2015, do 26 de outubro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións (BOE nº 257, do 27 de outubro), e ao abeiro do artigo 37.3.d) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, cómpre regular na Comunidade Autónoma de Galicia as diversas situacións que se poidan presentar para o exercicio do dereito ao voto daqueles traballadores e traballadoras que non gocen do seu descanso semanal o día da votación, así como das persoas que interveñen dentro do proceso electoral, posto que as eleccións terán lugar en domingo, todo isto de conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.
Para este fin, e logo do acordo co delegado do Goberno de Galicia,
RESOLVO:
Artigo 1. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as normas que serán de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, o día das eleccións o domingo 20 de decembro de 2015, ás persoas traballadoras por conta allea que teñan a condición de electoras e non gocen, durante ese día, do descanso semanal previsto no artigo 37.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e a aquelas persoas en que concorra a condición de membros de mesas electorais, interventores e interventoras ou apoderados e apoderadas.
Artigo 2. Permisos para as persoas traballadoras por conta allea electoras
1. Para que as persoas traballadoras por conta allea poidan participar nas eleccións xerais ao Congreso e ao Senado que se levarán a cabo o domingo 20 de decembro de 2015, no suposto de que non gocen en tal data de descanso semanal, terán un permiso retribuído correspondente, consonte as seguintes prescricións:
a) As persoas traballadoras por conta allea, cun horario de traballo que non coincida co de apertura de mesas electorais, ou que coincida nun período inferior a dúas horas, non terán dereito a permiso retribuído.
b) As persoas traballadoras por conta allea, cun horario de traballo que coincida en dúas ou máis horas e menos de catro co período de apertura das mesas electorais, gozarán dun permiso retribuído de dúas horas.
c) As persoas traballadoras por conta allea, cun horario de traballo que coincida en catro ou máis horas e menos de seis co período de apertura das mesas electorais, gozarán dun permiso retribuído de tres horas.
d) As persoas traballadoras por conta allea, cun horario de traballo que coincida en seis ou máis horas co período de apertura das mesas electorais, gozarán dun permiso retribuído de catro horas.
2. En todos os supostos anteriores, cando por tratarse de persoas traballadoras contratadas a tempo parcial realizasen unha xornada inferior á habitual na actividade, a duración do permiso antes sinalado se reducirá en proporción á relación entre a xornada de traballo que desenvolven e a xornada habitual das persoas traballadoras contratadas a tempo completo na mesma empresa.
3. Corresponde ao empresario ou empresaria a distribución, consonte a organización do traballo, do período en que as persoas traballadoras disporán de permiso para acudir a votar.
Artigo 3. Permiso para votar por correo
No suposto de persoas traballadoras por conta allea que teñan previsto que na data da votación non se atopen na localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito ao voto, ou que non poidan exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, disporán, no seu horario laboral, de ata catro horas libres, de igual maneira que o establecido no artigo anterior, para que poidan formular persoalmente a solicitude do certificado de inscrición no censo, así como para efectuar a remisión do voto por correo.
Artigo 4. Permisos para os membros das mesas electorais
1. As persoas traballadoras por conta allea nomeadas presidente/a ou vogal das mesas electorais e as que acrediten a súa condición de interventoras disporán, durante o día da votación, dun permiso retribuído de xornada completa, se non gozan en tal data de descanso semanal, e terán dereito a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior, segundo os artigos 28.1 e 78.4 da Lei orgánica 5/1985, do réxime electoral xeral.
2. Se algún dos traballadores e traballadoras a que se refire o parágrafo anterior tiver que traballar na quenda de noite na data inmediatamente anterior ao día da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poida descansar esa noite.
Artigo 5. Permisos para persoas traballadoras coa condición de apoderadas
As persoas traballadoras por conta allea que acrediten a súa condición de apoderadas, de acordo co previsto no artigo 76.4 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non gozan en tal data do descanso semanal.
Artigo 6. Xustificación
Os empresarios e empresarias poderán solicitar das persoas traballadoras que exerzan os dereitos regulados na presente orde a certificación de voto ou, de ser o caso, a acreditación da mesa electoral.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

martes, 1 de decembro de 2015

Analisís da Teoría da Estupidez....

Imos analizar a teoría da estupidez que o sindicato UNENF publicou no seu Facebook:
Cando falan de que os estúpidos forman parte dun grupo de catro, xunto cos intelixentes, desgraciados e malvados, nos falamos do conxunto onde se inclúen os ignorantes, egoístas, insolidarios e cobardes. ¿Como identificalos? É moi sinxelo:

Son aquelas persoas que viven no seu mundo corporativista e clasista, onde eles son os intelixentes mentres que os demais son os estúpidos, malvados e desgraciados. O peor é que aínda non se deron conta de que eles son os ignorantes, egoístas, insolidarios e covardes, e que só buscan defender seus propios intereses sen importarlles ninguén e sendo incapaces de defender e loitar polos dereitos de todos/as.

Imos analizar a súa traxectoria como traballadores/as e, actualmente, como membros do Comité de Empresa:

1.       No ano 2013, a Dirección do Hospital Povisa aplica unha redución de xornada de 35 horas para enfermeiras/os, auxiliares, e celadores nas áreas de Quirófano, UCI, Dixestivo, Policlínicas do hospital … etc.
CIG, xunto co resto do Comité de Empresa, presentou denuncia no Xulgado, gañada tanto en Vigo como no TSX. Esta sentenza obrigou á empresa a repoñer ás 40 horas aos/as traballadores/as afectados/as. ¿Que decidiu facer a maioría dos/as enfermeiros/as do Servizo de Quirófano? Renunciar á xornada de 40 horas e asinar a redución de xornada de 35 horas  a cambio dunha compensación económica (que a terían coa xornada de 40 horas) sempre e cando cumpran uns obxectivos marcados pola empresa, tales como a mobilidade interna e dispoñibilidade, flexibilidade de xornada e horaria, respecto á imaxe corporativa e aos valores empresariais, colaboración na sustentabilidade do hospital, eficiencia do proxecto do hospital … Todos sabemos o que isto significa.

¿Que pasou coas enfermeiras que non renunciaron a súa xornada de 40 horas? Algunhas foron enviadas ás plantas (despois de moitos anos no Servizo de Quirófano). As que permaneceron no Servizo quedaron traballando de luns a venres no Quirófano e os fins de semana en hospitalización. Iso sí, coa cabeza moi alta e dándolle ao resto una lección de dignidade. Os dereitos laborais hai que defendelos, nunca cedelos.

As consecuencias destas reducións de xornada foron:
. A desaparición da presenza de celadores no servizo de Quirófano, polo que despiden a 10 traballadores de este colectivo.
. As auxiliares teñen que asumir (por orde dos mandos superiores) as función dos celadores despedidos.
. Para poder cumprir os obxectivos as/os enfermeiras/os de Quirófano que pactaron coa empresa teñen que facer funcións de celadores, auxiliares …, e do que faga falla.
O máis grave de todo isto é que co seu comportamento danlle a razón a empresa, que xustifica nos xulgados as modificacións das condicións laborais e as xornadas de 35  horas, manifestando sempre que non necesitan traballadores/as con xornada de 40 horas, xa que en Povisa hai moitas “horas mortas”.

Parece que en vez de traballar nun hospital traballáramos nunha fábrica de parafusos.

2.       UNENF fala de que non defendemos os rateos de persoal. ¿Como podedes falar de rateos? ¡Que valor tedes cando vos mesmos defendedes as xornadas de 35 horas!
CIG denunciou os rateos de persoal en todas as negociacións coa dirección do hospital, nas reunións co Sergas, Xunta, Consellería de Sanidade, partidos políticos, Defensor  do Pobo …, pedindo sempre que foran os mesmos rateos polos que se rexen na sanidade pública.

3.       Falades sempre de que non nos preocupa o paro en Enfermaría … ¡Claro que nos preocupa! … pero non só en Enfermaría, tamén nas auxiliares, celadores, administrativos, hostalaría, limpeza, na construción, en servizos, no naval, etc.
¿Como podedes falar de paro cando tedes dos membros do Comité de Empresa “pluriempregados”? Por un lado está Josué a xornada completa no hospital e polas tardes traballa na Mutua Asepeyo, e por outro a Pablo a xornada completa no hospital e dando clases na Escola de Enfermaría. ¿Así é como loitades contra o paro? Pouco vos importan os enfermeiros/as que están na rúa sen traballo. Tedes una maneira moi egoísta de loitar polos/as traballadores/as.

4.       Falades de que non fixemos nada polas prazas das universidades, a desigualdade salarial… Hai que dicir que a vosa ignorancia é moi atrevida. O goberno do PP, coa súa política de recortes e a súa reforma laboral trouxo como consecuencia paro, desigualdade salarial, perda de dereitos laborais e moito máis. CIG participou activamente en contra desta política: fixo e segue a facer denuncias, manifestacións, folgas, concentracións …, e segue loitando en todos os ámbitos de traballo para defender os dereitos de todos/as traballadores/as, mentres que algúns da UNENF só defendedes os vosos intereses.

E, para rematar, afirmar que SÍ, CIG é un sindicato de clase. Estamos orgullosos de formar parte da clase traballadora, orgullosos de vocear (como dicides vos) porque grazas aos que voceamos, aos que saímos á rúa, aos que denunciamos o que pasa nas nosas empresas, aínda a risco de que nos sancionen ou despidan (como xa o fixeron), todos vos os beneficiades do conseguido por nos ata agora.

E sodes vos os ignorantes, egoístas, insolidarios e covardes, pactando e chegando a acordos individuais coa dirección, renunciando ao que temos no Convenio Colectivo.


¿É así como ides loitar polos dereitos de todos/as traballadores/as do noso hospital?

sábado, 28 de novembro de 2015

Acta do Pleno do Comité de empresa do 18 de Xuño do 2015.











Acta do Pleno do Comité de empresa do 11 de Xuño do 2015.






A C.I.G ,despois da reunión mantida coas/os Afiliadas e Afiliados , acordouse publicar as actas dos Plenos do Comité de empresa, a pesar de manifestarnos en contra da súa publicación en varias ocasións. 

O motivo deste cambio e o resumo que se fai dos Plenos por parte dalgunhas Seccións Sindicais, como no caso de CC.OO , na que na maioría das ocasións non corresponde co falado nos Plenos.

As actas dos Plenos publicaranse asinadas polos membros do Comité de empresa asistentes a ditos plenos .


xoves, 19 de novembro de 2015

No pleno do comité de Empresa do día 8 de outubro do 2015 a C.I.G. comentou unha irregularidade que acontecía no Servizo de Litotricia, polo que todas as Seccións Sindicais acordaron falar co técnico de dito Servizo .

Curiosamente UNENF soamente se puxo en contacto cós delegados e delegadas da C.I.G para falar co traballador e aínda sen saber por qué , non se avisou a ningunha outra Sección Sindical.

UNENF solicita no seguinte Pleno do día 12 de Novembro do 2015 a dimisión dos integrantes da C.I.G por discriminación ao técnico de dito Servizo.

Discriminación?? Pouca Vergoña !! Si de algo pode presumir a C.I.G é de ser un Sindicato de Clase , que defende e loita polos Dereitos de todas e todos  as/os Traballadoras/es.


-Onde estábades cando loitamos polos despedidos ?

-Onde estábades cando , despois de solicitarnos as datas de Xuízos dos 13 últimos despedidos non fúchedes capazes de aparecer para mostrar o voso Apoio?

Poderíamos seguir facéndonos esta mesma pregunta e non teríamos espacio para completar tantas ausencias.

Vai o sindicato corporativo UNENF , que discrimina na súa candidatura a auxiliares de enfermería , celadores , administrativos , limpadoras , camareiras , pinches de cociña , cociñeiros , técnicos de radiodiagnostico ,de radioteraria, electronicos , electromecanicos, , pintores , albaneis......a darnos unha clase de discriminación ?.....

Se alguén ten que dimitir xa veremos quen é.

martes, 17 de novembro de 2015

En contestación á nota publicada por CC.OO no seu blogue , en relación ao pleno do Comité de Empresa celebrado o día 12 de Novembro do 2015 C.I.G manifesta:


CC.OO  fai un resumo de maneira moi  interesada que esta moi alonxado da realidade:

. Recorte de horas de votación:

     A presidenta do Comité de Empresa fai lectura da resolución de Inspección de Traballo pola denuncia presentada por C.I.G, S.G.P.S e C.G.T , onde di que os traballadores e traballadoras do Hospital Povisa terán que exercer o seu dereito de votación na súa xornada laboral , polo que CIG solicita unha xuntanza có Director de RR.HH e poder dar cumprimento así a dita resolución , ou no seu caso , que os traballadores e traballadoras que non o soliciten no propio día da votación poidan disfrutar de estas horas cando consideren oportuno como así se fixo no traxecto de todos os anos anteriores.

A esta proposta da C.I.G sumánrose as seguintes Seccións Sindicais: S.G.P.S, C.G.T, CC.OO ,UNENF e U.S.O . Queda aclarado así a manipulación de CC.OO e aínda quedara mais aclarado cando teñamos a acta de dito pleno para poder publicala.

 Que....por certo...ainda estamos esperando as actas dos plenos de Agosto ,Setembro e Outubro....¿Chegaran?

Polo que de momento publicamos a denuncia ea resolución de Inspección para compartilo con todas e todos.







luns, 9 de novembro de 2015

Ante a nota publicada no blogue de CCOO, onde se fala dá reunión mantida coa dirección para tratar o tema de cambio de quendas entre o persoal, dende a CIG queremos manifestar o seguinte:


1- A denuncia de cambios de quendas foi denunciada en Inspección de Traballo polas Sección Sindicáis: CIG, CGT-SGPS e a través de dita denuncia, Inspección fai un requerimento a Empresa para chegar a un acordo  e solucionar o problema dos cambios de quendas.

2- Nin CCOO, nin UNENF, nin USO denunciaron en ningún momento este problema, xa que as últimas denuncias foron postas polas  Seccións  Sindicáis:  CIG, CGT-SGPS.

3- Na primeira reunión celebrada coa Empresa para chegar a un acordo , non se aceptou nada, só se fixeron  propostas por parte das Seccións  Sindicais  presentes e a empresa , e levantouse acta.

4- A CIG manifestou que non ía a tomar ningunha decisión e que todo o que se falou  nesa reunión sería levado ao pleno do Comité de Empresa e a Asemblea  de  traballadoras e  traballadores.

5. No pleno   do Comité de Empresa que celebraráse o día 12 de Novembro de 2015, solicitamos como CIG  se inclúa na orde do día  tratar o tema desa reunión e convocar una Asemblea de Traballadoras/es para que todas/os estén informados e poidan opinar sobre un tema que nos atañe a todas e todos.


Para rematar a CIG queremos deixar ben craro que non asinaremos nada que non sexa levado a Asemblea  e aprobado polas traballadoras  e  polos  traballadores.



E a CCOO decirlles que é moi fácil colgarse medallas, cando son outros os que poñen as denuncias, e o que cada Sección  Sindical expuso na reunión coa Empresa  quedará recollido na Acta, que estará a disposición  de  todas/os  Traballadoras/es.

mércores, 4 de novembro de 2015

FORMACION SUBVENCIONADA:

Pincha no enlace FORGA (Saúde) do Noso BLOG e accede os cursos para Traballadoras e Traballadores en activo.



ACTUACIÓN DO/A PROFESIONAL ANTE CASOS DE
VIOLENCIA DE XÉNERO
10 Horas .Días 1-2 de Decembro .
Ata  o día 16 de Novembro para inscribiros.

OBXECTIVOS

Obxectivo xeral:
Abordar a violencia de xénero como un problema de Saúde Pública.
Contribuír a proporcionar unha atención integral ante os malos tratos a mulleres desde os dispositivos de
saúde.

Obxectivos específicos:
Coñecer os conceptos da violencia exercida contra as mulleres e os seus determinantes.
Identificar os mitos sobre os malos tratos para neutralizar a súa influencia.
Comprender os factores de vulnerabilidade e o proceso dos malos tratos en parella.
Detectar precozmente os casos de malos tratos a partir dos indicadores de sospeita.
Adquirir habilidades para escóitaa ás usuarias maltratadas na consulta.
Analizar os factores que obstaculizan a detección precoz dunha situación de malos tratos
Coñecer o marco lexislativo e a súa aplicación no sistema sanitario.
Profundar na tarefa do/da profesional sanitario para previr esta violencia.

CONTIDOS FORMATIVOS

Módulo 1.- Conceptos xerais 1 Ht-P
a) Definición.
b) Causas.
c) O proceso da violencia
d) Consecuencias na saúde.
e) Importancia do persoal dos servizos sanitarios.
f) Dificultades para identificar a violencia de xénero.
g) Recomendacións para a prevención da violencia no sistema sanitario.

Módulo 2.- Actuación en Atención Primaria e Especializada 2h 1T-1P
a) Detección e valoración. Algoritmo de actuación.
b) Indicadores de sospeita.
c) Identificación.
d) Valoracións.
e) Actuación:
- Plan de atención á muller que presenta indicadores de sospeita pero non recoñece sufrir malos tratos.
- Plan de atención á muller que recoñece sufrir maltrato pero non se atopa en perigo extremo.
- Plan de atención á muller que recoñece sufrir malos tratos e atópase en perigo extremo.

Módulo 3.- Actuación en urxencias 2h 1T-1P
a) Actuación de detección de violencia.
b) Actuación asistencial.
c) Valoración da seguridade.
d) Información e derivación.
e) Actuación legal

Módulo 4.- Actuación ante agresións sexuais. 1h T-P
Módulo 5.- Guía de recursos. 1h T-P
Módulo 6.- Aspectos éticos e legais. 1h T-P
Módulo 7.- Actuación co maltratador. 1h T-P
Módulo 8.- Parte de lesións e informe médico 1h T-P

venres, 23 de outubro de 2015

Ante as novas do Hospital Povisa referente o Concerto asinado coas mutuas Universal e Asepeyo a Sección Sindical dá C.I.G. no Hospital Povisa queremos manifestar:

Unha vez mais tiñamos razón , cando na última xuntanza co conselleiro delegado dí que a ampliación dá 5ª pranta  faría falla para competir co SERGAS e ágora resulta que e para dar cobertura o contrato asinado coas Mutuas. E chamativo que nesa Xuntanza en ningún momento falase dás Mutuas.

Tamén e curioso que tarde mais de 6 anos en asinar o concerto Sergas e que xustificou a baixada de seguros privados  para acometer todas as medidas de recortes de Salario, Xornada e Despedimentos de traballadoras e traballadores e ágora en menos de 2 meses asina estes contratos coas mutuas.

Povisa atiende a los 13.760 asegurados en Asepeyo del área viguesa.


23.10.2015.


La mutua Asepeyo ha concertado con Povisa la atención hospitalaria de los trabajadores de sus 1.621 empresas asociadas y los 1.760 autónomos protegidos del área de Vigo. En total, son más de 13.760 trabajadores a los que el centro de la calle Salamanca prestará atención urgente, quirúrgica y hospitalaria derivada de accidentes laborales o enfermedades profesionales. El consejero delegado de Povisa, José Bernardo Silveira, y la directora de Asepeyo en Galicia, Romina González-Dopeso, firmaron ayer el acuerdo, tras un concurso de licitación pública.

Povisa será el hospital de los 30.000 asegurados de la Mutua Universal.


El centro sanitario vigués refuerza su cartera privada.

LA VOZ11 de septiembre de 2015

El Hospital Povisa se ha hecho con un importante contrato en un momento empresarialmente difícil. El centro sanitario anunció ayer que ha sido elegido por Mutua Universal como centro sanitario para las urgencias y hospitalizaciones por accidentes o enfermedades laborales. Según los datos facilitados por el Grupo Nosa Terra, dueño del hospital de la calle Salamanca, en Vigo y su área hay 30.000 empleados y autónomos, pertenecientes a 3.000 empresas, que tienen la asistencia sanitaria contratada con la Mutua Universal. Povisa ya se encargaba del servicio de resonancia magnética para esa aseguradora. El acuerdo entre las dos partes se firmó ayer en Barcelona.
El centro sanitario vigués refuerza su cartera privada, cuyo volumen de negocio había caído un 25 % desde el año 2008.

TENDRÁ 6 NUEVAS CONSULTAS.
El nuevo servicio de Pediatría de Povisa, a finales de año
El espacio que ocupaba en la quinta planta estará dedicado a hospitalización
Jueves, 15 de octubre de 2015.

Povisa ha iniciado las obras para el traslado de su servicio de Pediatría desde la quinta planta, donde se encuentra en la actualidad, a pie de calle. El objetivo l de este traslado es facilitar los desplazamientos de los padres y los niños y eliminar las barreras arquitectónicas.


El nuevo servicio de Pediatría, de unos 250 metros cuadrados, entrará en funcionamiento a finales de año, y dispondrá de seis nuevos locales de consultas, una sala de juegos para niños y una sala de espera.  Estará equipado además con iluminación LED responsable con el medioambiente.

El espacio en la quinta planta que hasta ahora ocupaba Pediatría se dedicará a hospitalización, con una zona renovada que estará operativa a principios del próximo mes de noviembre. En ese mismo mes comenzarán también, en la planta baja, las obras del nuevo hospital de día, que se prolongarán durante tres meses. El hospital de día estará dedicado a los tratamientos oncológicos.

Nuevo grupo de emergencias

Los trabajos de reforma arquitectónica de Povisa y modernización de sus instalaciones coincide estos días con la instalación de un nuevo grupo electrógeno de emergencias, de última generación, equipado para suministrar energía a todo el hospital por tiempo ilimitado. Hasta ahora, los equipos existentes el suministro a las áreas y equipos claves, como los quirófanos, pero  con el nuevo equipo se garantiza la estabilidad energética integral del hospital en caso de fallo o caída en la red, lo que resulta esencial no solo para la seguridad y confort de los pacientes, sino también para el normal funcionamiento de todos los procesos, altamente informatizados, señala el centro
.



xoves, 15 de outubro de 2015

Máis do 90% do persoal da área sanitaria de Vigo secunda a folga contra a privatización da sanidade

Traballadores/as, pacientes e usuarios/as mobilizáronse no novo hospital para esixir o arranxo das deficiencias e a xestión pública do centro
A Xunta de Persoal do Chuvi valora moi positivamente o seguimento masivo rexistrado durante o día de folga convocado hoxe na área sanitaria viguesa para rexeitar a política de privatizacións do Goberno galego e sitúan nun 90% o apoio por parte dos empregados/as. Traballadores/as, pacientes e usuarios/as aproveitaron a xornada de paro para mobilizarse no novo hospital da cidade e esixiron o arranxo das deficiencias e que a xestión do centro médico sexa 100% pública.
2015 10 13 ManifaFolgaSanidadeVigo01
A xornada de paro comezou ben cedo para o comité de folga, xa que unha hora antes do inicio, fixado para as 8.00 horas, percorreron  os hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro para valorar cal ía ser o seguimento. “Tanto nas plantas como nas consultas e nos quirófanos atopámonos coa predisposición total dos traballadores/as a participar na folga, o que se foi concretando ao longo do día”, explica o secretario comarcal da CIG-Saúde de Vigo, Manuel G. Moreira.
De feito, dende a Xunta de Persoal valoran moi positivamente o seguimento masivo que tivo a convocatoria, que cifraron en máis dun 90% de media. De feito, das 20 intervencións cirúrxicas previstas tan só se realizaron seis, e algúns servizos, como laboratorio, anatomía patolóxica ou rehabilitación ficaron inactivos, mentres que otros, como hospitalización ou os quirófanos funcionan co 10% do persoal. “Con todo, non se suspendeu ningunha operación que fose urxente”, precisa Moreira, ao tempo que critica que a dirección planificase consultas e operacións a pesar da folga. Ao mesmo tempo, censurou uns servizos mínimos “altísimos”, xa que nalgunhas áreas eran maiores que nun día normal.
En canto aos motivos da convocatoria, o representante sindical incidiu en que o principal é denunciar a situación na que se atopa a sanidade pública viguesa por culpa da política de privatizacións da Xunta. “Proba disto é o que está a acontecer no novo hospital, que é un centro privatizado e con servizos recortados que foi pensado como unha unidade de negocio para a empresa concesionaria”.
Neste senso, considera que esta situación non se soluciona cun cambio de conselleira, xa que o que teñen que mudar son as políticas. “Con esta folga queremos esixir tamén a recuperación do 100% do hospital para a xestión pública e que sexa dotado de todos os servizos que agora non ten”.
Moreira lamenta que a Xerencia da EOXI de Vigo siga sen aportar solucións ás numerosas deficiencias detectadas dende a posta en marcha do hospital e continúe negándose a sentarse para facer unha avaliación real do estado do centro, xa que existen problemas tanto a nivel estrutural como de organización do traballo.
Así, aposta por que as mobilizacións continúen até lograr que haxa unha dirección que aposte pola sanidade pública “e que veñan aquí a reunirse cos representantes dos traballadores/as as persoas que poidan decidir, e non intemediarios/as, xa que queremos negociar con quen teña capacidade de decisión para conseguir dunha vez rescatar o hospital para a xestión pública”. 
Concentracións e manifestación
Durante a xornada de folga, que se prolongou entre as 8.00 e s 20.00 horas, persoal, usuarios/as e pacientes aproveitaron para desenvolver distintas mobilizacións. A primeira delas tivo lugar ás 12.00 horas tanto no interior como no exterior do Álvaro Cunqueiro e chegou até a mesma porta da Xerencia, onde se reclamou a dimisión do responsábel e se berraron consignas como “A privatización é corrupción” e “Queremos un hospital e non un centro comercial”.
Xa pola tarde, centos de persoas participaron na manifestación que partiu dende as portas do centro médico e percorreu un tramo da Avenida Clara Campoamor. A protesta incluíu un corte de tráfico na zona.
Coincidindo co paro, as distintas Xuntas de Persoal das áreas sanitarias galegas e a plataforma Sos Sanidade Pública convocaron concentracións de apoio en todos os hospitais do país.

venres, 9 de outubro de 2015

O persoal de mantemento das zonas verdes de Vigo logra os seus obxectivos tras doce días en folga

O preacordo acadado contempla a equiparación salarial de todos/as os traballadores/as subrogados/as
Os traballadores/as de Althenia, nova concesionaria do servizo de mantemento das zonas verdes de Vigo, ratificaron esta mañá por unanimidade un preacordo que pon fin á discriminación para 10 traballadores/as subrogados/as aos que a empresa se negaba a equiparar salarialmente. Poñen fin, deste xeito, a doce xornadas de folga nas que o Concello se inhibiu por completo na resolución do conflito.
2015 09 29 ProtestaFolgaZonasVerdesVigoBarreras01
Despois de máis de 10 horas de reunión, representantes sindicais e da dirección de Althenia, coa mediación da AGA, asinaban o día de onte un preacordo para dar solución ao conflito xerado trala negativa inicial da empresa de non equiparar dez traballadores subrogados (nove forestais e un de Balaídos) ás condicións do restante persoal, adscrito ao convenio propio. Esta discriminación, que suporía diferenzas de até 6000 euros anuais entre traballadores/as da mesma empresa, foi o detonante dunha folga de doce días que, para a CIG-Servizos, con 7 de 9 delegados no comité de empresa, “remata de xeito satisfactorio”.
A fórmula acordada para o abono da diferenza salarial destes dez traballadores, adscritos ao Convenio Estatal de Xardinería até a sinatura dun novo convenio propio, será a dun complemento salarial “por importe de 100 euros brutos”, nomeado “anticipo a conta de convenio”. No momento da sinatura dun novo acordo colectivo para o servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo, que se empezará a negociar antes de que expire o actual a fins deste ano, “abonaránse aos traballadores a diferenza entre o percibido en virtude de ditos anticipos e a contía derivada da equiparación salarial”. Ademais, Althenia aplicará con efectos retroactivos a 1 setembro “as condicións salariais e a xornada” aplicábeis ao restante persoal para o grupo afectado.
O acordo contempla tamén a afirmación de que todo o cadro deberá rexerse por un único convenio colectivo, para o cal a parte sindical e a empresarial acordan a constitución dunha comisión negociadora “antes do 29 de outubro de 2015”. Ademais, e para evitar a “inaplicación unilateral” do acordo en base ás posíbeis dificultades que poidan xurdir, a empresa contemplará as “medidas de racionalización” pertinentes que garantan os termos económicos do pacto acadado.
Unidade do persoal durante todo o conflito
Durante estes doce días de loita, o persoal realizou numerosas accións para visibilizar o conflito, como protestas no pleno e peche en instalacións do Concello para esixir a mediación do goberno municipal, unha concentración durante a botadura dun buque en Barreras ou unha acampada que se prolongou varios días até o fin da greve diante do edificio consistorial. En toda a folga, salientan, o Concello presidido por Abel Caballero “foi un elemento pasivo” para a resolución do conflito, que “debería ter aberto expediente á empresa” tras 11 días sen cumprir o prego de condicións da concesión.
Desde o comité de empresa agradecen, así mesmo, as mostras de solidariedade e apoio amosadas polo pobo de Vigo, conscientes das posíbeis molestias xeradas durante a folga. A normalidade voltará a partir da xornada de hoxe, na que se reincoporará todo o persoal ao seu traballo habitual.

domingo, 4 de outubro de 2015

Feijóo releva a la conselleira de Sanidade y la sustituye por Almuiña, alcalde de Baiona


El presidente anuncia cambios en su equipo de gobierno, entre otros el de la responsable de Sanidade.


Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona desde hace once años y médico de profesión, será el sustituto de Rocío Mosquera al frente de la Consellería de Sanidade. Así lo anunció este domingo el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en una remodelación de gobierno que incluye también cambios en las carteras de Medio Rural e Mar y Política Social.

La crisis del Hospital Álvaro Cunqueiro se ha llevado por delante a Rocío Mosquera. La cuestionada conselleira ha sido destituida por Feijóo y el alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, será el nuevo responsable.
Además, la consellería de Medio Rural e Mar se dividirá en dos, de forma que Rosa Quintana llevará Mar y Ángeles Fernández Mejuto se encargará de Rural. También José Manuel Rey será nuevo conselleiro de Política Social.
Biografía de Jesús Vázquez Almuiña
Jesús Vázquez Almuiña nació en Baiona en 1962. Es licenciado en Medicina y Cirugía General por la Facultad de Medicina de la Universidade de Santiago de Compostela. Es especialista en Medicina Familiar y Comunitaria, experto universitario en Admisión y Documentación Clínica por la Universidad Complutense de Madrid y tiene un Máster en Derecho Sanitario por la Universidad de A Coruña.

Es alcalde de Baiona desde 2004 y diputado provincial en Pontevedra desde 2003.
Fue director provincial del Sergas de Pontevedra; director-gerente del Hospital Meixoeiro; coordinador del servicio de Admisión, Documentación Clínica y Atención al Paciente del Hospital Meixoeiro de Vigo; y médico del Servizo de Admisión del mismo hospital. Con anterioridad, fue coordinador de los servicios de archivo y Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; jefe del Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes en el mismo centro y médico en el servicio de Urxencias. También ejerció como médico de Medicina Familiar e Comunitaria en la Unidad Docente de Segovia.