venres, 1 de abril de 2016


C.I.G  INFORMA



O Martes  29 de Marzo do 2016 a Dirección da Empresa fai entrega a Presidenta do Comité dun Expediente Contradictorio (Aviso de Sanción) para todo o Comité por denunciar públicamente a merma da calidade asistencial, a sobrecarga de traballo  e  quendas  penosas.

É obriga do Comité de Empresa denunciar todas estas irregularidades, primeiro ante a Dirección, coma xa se fixo, e de non adoptarse as medidas necesarias, ante as Administracións Públicas, tal e como se recolle no Estatuto das/os Traballadoras/es nos artigos 64.7 e no artigo 65.Temos 10 días para facer o Prego de descargo.

Entendemos que é un ataque á Liberdade Sindical e á Liberdade de Expresión.