domingo, 30 de agosto de 2015
| Paralización do traslado ao Novo Hospital de Vigo |
| EOXI - Xeral |
Diante da paralización do traslado ao Novo Hospital de Vigo, e á espera de ter máis noticias que confirmen as circunstancias concretas e as medidas a tomar por parte da Xerencia para garantir a continuidade asistencial dos pacientes que xa están no Novo hospital, CIG-Saúde quere poñer de manifesto, unha vez máis que a seguridade das e dos pacientes e das e dos traballadores é a prioridade neste traslado.
En días anteriores xa tiñamos denunciado que considerabamos precipitado realizar este traslado antes de facer unha avaliación de riscos, e por esta razón pediamos a paralización do traslado.
Felicitámonos de que a Xerencia da EOXI tome conciencia dos problemas existentes e explique claramente, con absoluta transparencia, que está a pasar, e remate con actitudes intolerables de falta de respecto cas e cos profesionais nas condicións do traslado, como o feito de trasladar os contedores de médula sen a supervisión dos profesionais. CIG-Saúde no seu compromiso coa sanidade pública ponse a disposición da Xerencia da EOXI de Vigo para colaborar, coa axuda do conxunto das e dos profesionais, na xestión desta situación garantindo o mellor trato para as e os pacientes e as mellores condicións de traballo das e dos profesionais.
Unha vez solucionado o problema actual e garantida a seguridade e continuidade asistencias das e dos pacientes, esta Xerencia e a propia Conselleira de Sanidade terían que presentar a dimisión, e así o solicitamos.
O día 3 de setembro é unha oportunidade para que a cidadanía pida explicacións por esta situación
|
mércores, 26 de agosto de 2015
Feijóo, nun acto sobre o novo hospital de Vigo
© XuntaO novo hospital de Vigo: menos camas, párking a 12 euros e as resonancias nun camión
O vindeiro 3 de setembro pechará o Hospital Xeral de Vigo. Será cando remate de vez o traslado de material, infraestrutura e pacientes ao novo hospital Álvaro Cunqueiro que se está a levar cabo estes días. Poñeráselle punto final nese mesmo día, no que unha manifestación convocada pola xunta de persoal da área sanitaria viguesa e apoiada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública pedirá deter os recortes e reclamará "un hospital 100% público, sen recortes de camas e con laboratorio central" no que será -ou debería ser- o centro de referencia para todo o sur de Galicia.
Persoal sanitario denuncia graves deficiencias en canto a traballadores e materiais no traslado ao novo hospital de Vigo
Pero as queixas e polémicas non se deteñen. Mesmo durante o traslado, traballadores sanitarios denuncian graves deficiencias en canto a persoal e materiais a poucos días do cambio definitivo. Quéixanse de consultas atrasadas e insisten nas importantes eivas deste novo hospital que acumula meses de polémicas. A última, os 12 euros ao día que calquera persoa que acuda ao centro ten que pagar por deixar o coche no aparcadoiro e nunha infraestrutura bastante afastada do núcleo urbano.
"O do párking non é máis que outro exemplo máis de improvisación e unha demostración de que só se mira polos intereses da concesionaria e non dos usuarios", resume Manuel Martín, voceiro de SOS-Sanidade Pública e un dos grandes coñecedores da situación do Álvaro Cunqueiro. "Súmalle o pagamento da autoestrada e da gasolina", advirte quen lembra que mesmo os traballadores terán que afrontar 40 euros á semana para deixar o seu vehículo de non conseguir unha das 500 prazas gratuítas para os máis de 2.000 empregados que se xuntan nunha quenda. "É un copago máis dos moitos que sufrimos", insiste. De estar ingresado e querer un bono de dous días para televisión, radio e internet, o paciente terá que pagar máis de 13 euros. Por tres días, máis de 18.
Deixar o coche todo un día no párking supón 12 euros e a maioría de traballadores teñen que pagar tamén por estacionar no hospital
O do aparcadoiro é a última queixa dun novo hospital que acumula denuncias, liortas políticas e manifestacións desde hai anos. Tantas como as que chegaron desde que se cambiou o modelo de financiamento, de público a unha concesión público-privada, e que levou o caso aos tribunais e a un incremento do custo "duns 450 a uns 1.400 millóns", sen ter en conta todo o que se lle cede á empresa concesionaria ou "o atraso de máis dun ano argumentando falta de financiamento para que ao final o Goberno acabe por pagar o 60% da obra para a que dicía non ter cartos". "É todo unha falsidade para darlles o negocio aos seus amigos", di en referencia aos executivos do PP.
A xunta de persoal denuncia que a área sanitaria de Vigo conta agora con case 750 menos camas das prometidas ante un novo recorte
Tal e como denuncia a xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, os resultados foron os que se agardaban: "recortes e privatización". O novo hospital había ter, segundo anunciou a propia Consellería de Sanidade, 1.465 camas, que engadidas ás do Meixoeiro e ás do Nicolás Peña, farían un total de máis de 2.000. Pero "a realidade é ben distinta", segundo denuncian os traballadores: o Álvaro Cunqueiro abre con 845 camas e redúcense en máis de 400 nos outros dous centros. En total, 1.260 camas na área, case 750 menos das prometidas.
"A cambio dun hospital novo privatizado e recortado en tamaño e servizos, pechan o Hospital Xeral, o Cíes, o Rebullón e os centros de especialidades de Coia e Doblada, mantendo o concerto con Povisa", que mantén unha media de lista de espera do dobre da de Galicia. E mentres, a apertura de zonas no novo centro vai descubrindo eivas e máis eivas que SOS-Sanidade Pública atribúe "á intención de abaratar custos".
Segundo denuncian, eliminouse o módulo de investigación, un hotel de pacientes, un espazo para a atención de enfermos críticos, reducíronse os metros cadrados e zonas de aparcadoiro e a escada calidade dos materiais na construción fixeron "que o centro perdese a eficiencia enerxética e teña que pagar máis por calefacción e aire acondicionado". Ademais, xa houbo pingueiras, denunciouse a escaseza de lavabos, a redución substancial de quirófanos ou a perda da metade de espazo previsto para Urxencias. "Un desastre e unha desfeita", insiste Martín, que advirte que o Álvaro Cunqueiro "non vai ter as calidades previstas".
Pingueiras, menos espazo para Urxencias, falta de aparcadoiro, escaseza de quirófanos... "É un desastre", denuncia SOS-Sanidade Pública
Ademais, e segundo recoñeceu a propia Xunta,as resonancias fanse, cando menos ata outubro, nun camión aparcado no exterior do centro hospitalario. Porque o Álvaro Cunqueiro non ten polo momento equipamento para estas resonancias nin para os TAC, ademais de carecer do laboratorio cetnral, que se ubicará no antigo Xeral ata que se rematen as obras no Meixoeiro, a varios quilómetros da nova infraestrutura.
"Ía ser referencia para a área sur de Galicia, pero perdeu xa moitos servizos de referencia en varios ámbitos que estarán exclusivamente en Compostela e que obrigarán a moitas persoas a desprazarse aínda máis", advirte tamén SOS-Sanidade Pública, que confía en que algo cambie coas mobilizacións, pero que recoñece que "a teimosía do Goberno e o afán de enriquecemento da concesionaria van poñer as cousas moi difíciles". "Seguiremos con colapsos en Urxencias, con 500 camas menos, máis listas de espera e conxestións... Manteranse os problemas e a única beneficiaria será a empresa concesionaria", remata.
As resonancias, cando menos até outubro, fanse nun camión aparcado no exterior do novo hospital
"Coa privatización e o recorte de camas desaparecen e privatizan moitos postos de traballo e, como consecuencia, darase un peor servizo á cidadanía", alerta a xunta de persoal.
luns, 3 de agosto de 2015
Traballo a quendas. Traballo nocturno.
No paquete de maio de procedementos por incumprimento da Comisión Europea, aparece o ditame motivado que lle realiza
ao Estado español por non respectar determinados aspectos relacionados coa ordenación do tempo de traballo recollidos na
Directiva 2003/88/CE, sobre o tempo de traballo. En concreto referirémonos ao límite de horas de traballo dos/as traballadores/as
nocturnos e ao traslado daqueles/as traballadores/as nocturnos que padezan problemas de saúde a quenda diúrna
cando esto sexa posible. En concreto a Comisión solicita formalmente a modificación da lexislación de xeito que se adapte á
mencionada directiva, pois non está contemplado no ordenamento xurídico español o límite de oito horas como media por
cada período de vintecatro horas para o traballo nocturno que implique tensións especiais (artigo oito: duración do traballo
nocturno). O Estado español ten dous meses de prazo; en caso de non estabelecer as reformas precisas o caso podería rematar
no Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
O traballo supón un gasto de enerxía e polo tanto require un
tempo de descanso e recuperación. A organización do tempo
de traballo e do necesario tempo de recuperación, adquire
unha maior importancia nos traballos a quendas e nocturno.
Que entendemos por traballo a quendas e por traballo nocturno? O traballo a quendas será aquela organización do tempo de traballo segundo a que os/as traballadores/as do equipo sometido ás quendas, ocupan os mesmos postos de traballo seguindo un ritmo determinado e que implica que os/as traballadores/as deben realizar o traballo en distintas horas ao longo dun período de días ou semanas; as quendas poden ser de mañá, tarde ou noite. Por traballo nocturno entendemos aquel que se desenvolve entre as 10 da noite e as 6 da mañá. Traballador/a nocturno/a é aquel que realiza en período nocturno unha parte non inferior a tres horas da súa xornada diaria de traballo, así como aquel/a que realiza en tal período unha parte non inferior a un terzo da súa xornada de traballo anual, como sería o caso dos/as que teñen estipulados tres quendas (mañá, tarde e noite).
Por que traballamos a quendas? Hai varios motivos segundo a actividade da que se trate; así, hai certos servizos que deben funcionar as 24 horas, como a asistencia médica, os servizos de protección (bombeiros, policía,..), o transporte ou aqueles relacionados cos servizos básicos: auga, electricidade e telefonía. Outros motivos son as necesidades de produción dalgunhas empresas, certos procesos produtivos que non permiten paradas, e incluso os horarios extendidos de tendas, gasolineiras, restaurantes, …
Segundo a VII Enquisa Nacional de Condicións de Traballo, un 22,2% dos/as enquisados/as traballa a quendas, e un 9,0% ten un traballo nocturno, xa sexa fixo ou a quendas. Atendendo ás ramas de actividade, a proporción de traballadores/as a quendas é do 37,2% en actividades sanitarias, veterinarias e servizos sociais, o 32,5% no metal e do 31,3% na industria química, saneamento e extractiva. No caso de traballo nocturno, as porcentaxes por sectores son do 24% en actividades sanitarias, veterinarias e servizos sociais, do 22,6% en industria química, saneamento e extractiva e do 17,5% nos sectores de Transporte e almacenamento e de Hostalaría. Atendendo ao xénero, un 23,6% dos homes traballa a quendas fronte a un 20,6% das mulleres; traballan en horario nocturno un 10,7% dos homes fronte a un 7% das mulleres. Estes tipos de xornada son máis habituais nos centros de traballo de maior tamaño. Seguindo cos datos, hai ocupacións nas que practicamente a metade dos/as traballadores/as está suxeito/a a quendas: o 50,2% no caso de defensa e seguridade, o 43,5% en produción industrial mecanizada e o 40,6% do persoal sanitario; no caso do traballo nocturno, estariamos a falar dos mesmos sectores con porcentaxes inferiores: 42,7%, 25,3% e 28,7% respectivamente.
Diferentes estudos teñen demostrado que o traballo a quendas sobre todo o que inclúe traballo nocturno, así como o traballo que se desenvolve sempre en horario de noite, pode chegar a producir perturbacións na saúde dos traballadores e traballadoras, que inciden na súa seguridade no traballo así como no seu benestar físico e psicolóxico.
E isto por que? Porque o noso organismo está sometido a ritmos biolóxicos que marcan o seu funcionamento, os ciclos circadianos; ritmos que nos indican o momento de ir durmir ou de comer; está estudado que segundo o momento do día, o ton muscular, a frecuencia cardíaca, a temperatura corporal ou a frecuencia respiratoria varían; así pola noite prodúcese unha diminución das capacidades físicas e mentais, porque, polo xeral, estamos “programados” para a actividade diúrna e o descanso nocturno. Así o traballo a quendas provoca que os/as traballadores/as sufran desaxustes continuos entre o tempo de traballo e o tempo biolóxico.

Cales son as principais consecuencias para a nosa saúde do
traballo a quendas e do traballo nocturno?
Alteracións fisiolóxicas
Modificación dos ciclos biolóxicos de traballo e descanso,
alteracións do sono, maior tendencia á fatiga física, alteracións
dixestivas (debidas a cambios nos horarios e na dieta)
e trastornos cardiovasculares.
Alteracións psicolóxicas
Fatiga, irritabilidade, insatisfacción, sensación de illamento,
trastornos nerviosos, estrés…
Alteracións na actividade laboral
Dificultade para manter a atención, redución do rendemento,
maior posibilidade de cometer erros, menor eficacia ou
caída da motivación.
Alteracións na vida familiar e social Dificultade para manter actividades e relacións satisfactorias
con outros individuos do entorno, chegando a desconectar
social e incluso familiarmente.
MEDIDAS PREVENTIVAS A OBSERVAR NO TRABALLO A QUENDAS E NO TRABALLO NOCTURNO .
En relación ás medidas preventivas que se poden implantar para coidar a saúde dos/as traballadores/as que realizan traballo
a quendas e/ou nocturno, podemos estruturalas en dous grupos atendendo a que a competencia corresponda á empresa ou
ao traballador ou traballadora implicado/a.
ACTUACIÓN PREVENTIVA A IMPLANTAR POLA EMPRESA
Organización
Reducir ao mínimo posible o traballo nocturno ( seguindo a Recomendación da OIT nº 171, art. 27)
Realizar neste horario unicamente tarefas imprescindibles, evitando programar unha carga de traballo elevada.
Programar as tarefas máis pesadas e de maior complexidade en horario diurno.
Evitar tarefas que precisen dunha elevada atención entre as 3 e as 6 de madrugada.
Estabelecer as quendas respectando os ciclos de sono: os cambios de quenda poden situarse entre as 6 e as 7, as 14 e as 15, e as 22 e
23 horas.
As quendas de tarde e noite non serán máis longas que as de mañá.
Estabelecer ciclos de rotación distintos ao longo do ano, posibilidade de acumular días de descanso, no caso de quendas de mañá,
tarde e noite, programar descanso despois da quenda de noite.
Realizar ciclos curtos en cada quenda, de 2 ou 3 días, co fin de non alterar os ritmos circadianos.
Non traballar en solitario na quenda de noite.
Diminución do número de anos de traballo a quendas ou nocturno continuado, por exemplo 15 anos como máximo. (Recomendación
178, art. 23).
Estabelecer limitacións de idade: evitar o traballo nocturno antes dos 25 e despois dos 50 anos (a OIT recomenda que a partires dos 40
o traballo nocturno sexa voluntario).
Consulta e
participación
Estabelecer sistemas de participación dos/as traballadores/as na elaboración das quendas. (Convenio OIT nº 171, art. 10; Estatuto dos
traballadores/as, art. 41)
Informar aos traballadores/as con antelación suficiente sobre a planificación das quendas.
Ter en consideración para a elaboración das quendas a saúde e idade dos/as traballadores/as, as esixencias da tarefa, a exposición a
tóxicos.
Estabelecer equipos estables para a realización das quendas, de xeito que se posibilite a relación entre os seus membros.
Pausas
Incluír na planificación da xornada nocturna pausas suficientes, en cantidade e duración. (Recomendación 178 OIT, art. 7)
Habilitar espazos para o descanso durante a quenda que permitan que o/a traballador/a poida tomar algo quente.
Vixilancia da
saúde
Estabelecer dentro da vixilancia da saúde mecanismos de detección de problemas de saúde asociados ao traballo a quendas e nocturno
que permitan dar cumprimento ao artigo 36 do ET (“os/as traballadores/as nocturnos aos que se lles recoñezan problemas de
saúde ligados ao feito do seu traballo nocturno, terán dereito a ser destinados a un posto de traballo diurno que exista na empresa
para o que sexan profesionalmente aptos”).
Realizar seguimento sobre os indicadores de risco asociados ao traballo a quendas e nocturno detectados na avaliación de riscos así
como nos resultados da vixilancia da saúde.
Availar periodicamente a saúde dos/as traballadores/as a quendas e en xornada nocturna.
ACTUACIÓN PREVENTIVA A SER DESENVOLVIDA POLO/A TRABALLADOR/A A QUENDAS
Adoptar unha dieta variada, equilibrada e suficiente.
Evitar os excitantes e as comidas abundantes nos momentos próximos ás horas de descanso.
Manter unha boa hixiene do sono: respecto de horarios, espazos axeitados.
Informar ás persoas coas que convivas das túas quendas para facilitar a convivencia.
Coidar as actividades da vida social e familiar.
Evitar o emprego descontrolado de hipnóticos para durmir e estimulantes para manterse esperto.
Realizar exercicio regularmente.
En definitiva, reducir ao mínimo posible o traballo nocturno; consultar e informar aos traballadores/as implicados/as para a
elaboración das quendas, control do estado de saúde dos/as traballadores/as que realizan as súas tarefas a quendas ou en
horario nocturno e manter hábitos de vida, alimentación e descanso saudables.
Fontes consultadas: EFECTOS DO TRABALLO A QUENDAS E NOCTURNO, FICHA DIVULGATIVA. FD-41. ISSL
INSHT. Fichas prácticas, NTP 260, NTP 455, NTP 310, NTP 502, ERGA-fp. “El observatorio. VII Enquisa Nacional de Condicións de Traballo”
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)