martes, 11 de marzo de 2014

CIG-CGT-UGT-SGPS INFORMAN

¿POR QUÉ E NECESARIA ESTA FOLGA?

Porque non podemos seguir tolerando a perda das nosas condicións laborais, o incumprimento do noso convenio colectivo (xornada, promoción interna...etc.) incumprimento da sentenzas, conxelación salarial dende o ano 2010, reduccións de xornadas obrigatorias...etc.
Porque levamos anos traballando baixo a coacción e as ameazas de despidos que fóronse  cumprindo,  lembremos o despedimento de CHELO , os  15 de ARQUIVO , as 27 LIMPADORAS e agora ameaza de 13 compañeiras/os , estes últimos por non aceptar o Comité de empresa as modificacións sustanciais das condicións laborais de carácter Colectivo .

¿POR QUÉ NON ACEPTAMOS ESTAS MODIFICACIÓNS?

Porque aceptala significa aceptar a Xornada flexible e irregular , porque esa modificación non é vir a traballar algún fin de semán de mañan ou de tarde nas prantas , significa perder a túa xornada de 40 ou 41 horas semanais con uns descansos fixos e pasar a unha xornada que vai dende 35 a 42 horas que se computarían semanal ou mensual a unha xornada que a empresa modificaría según as súas necesidades , unha xornada que pouco a pouco pasaría a toda a plantilla ata axustala as necesidades da empresa . Esto xa o quixo negociar a Empresa coa mediación en Xuño do ano 2013 e todas as Seccións Sindicais  estivemos en contra incluida CC.OO e ASEMBLEA de traballadoras e traballadores.
Esta folga foi aprobada en asemblea de traballadoras/es por maíoria e a man alzada como se fixeron todas, setembro do 2013 a man alzada saiu NON a folga acatada por todas as Seccións sindicais incluidas as que estaban a favor da folga. Folga de agosto do 2013 a man alzada. A os que agora non lles vale, preguntamos.
¿Qué mudou agora? ¿Por qué non queren ir  a folga? ¿Por qué quixeron  negociar esas modificacións? , cando sería a ruina para todas e todos. ¿Qué pactos teñen coa empresa? ¿Que é mais importante agora buscar novas afiliacións ou defender os dereitos de todas/os as/os Traballadoras/es?

NON BUSQUES EXCUSAS
NON TE DEIXES MANIPULAR
ESTA FOLGA E MAIS IMPORTANTE QUE A DE AGOSTO

O QUE A EMPRESA NON CONSIGUE NOS XULGADOS O CONSEGUIRA POUCO A POUCO CADA VEZ QUE AS/OS TRABALLADORAS/ES  OPTEMOS POLA RESIGNACIÓN EO SILENCIO.

xoves, 6 de marzo de 2014

CONVOCATORIA DE FOLGA INDEFINIDA

Os abaixo asinantes, membros do Comité de Empresa do Hospital Povisa, con domicilio a efectos de notificación na rúa Salamanca Nº 5 en  Vigo,

COMUNICAN:

Primeiro: As Seccións Sindicais C.I.G.- C.G.T.- U.G.T e S.G.P.S do Comité de Empresa, por maioría dos seus membros, adoptou o acordo de promover a convocatoria de FOLGA INDEFINIDA consonte ao art. 28 Constitución Española ea Artigo 64 do Estatuto dos Traballadores  nos termos que a seguir se concretan.


Segundo: A FOLGA INDEFINIDA  convocase polas Modificacións Suntanciais das Condicións Laborais de Carácter Colectivo, Incumprimento dos artigos 19 e 29 do  Convenio Colectivo Vixente, Incumprimento de Sentenzas do T.S.X.G onde declara Nulas todas as Modificacións Suntancias feitas pola Empresa, Ameazas de 13 Despedimentos ea Negativa desta Empresa de Negociar o Convenio Colectivo.


Terceiro: Que a FOLGA afectará á totalidade das Traballadoras e Traballadores que manteñen  relación laboral co Hospital Povisa, sexa cal sexa a súa categoría profesional, durante toda a Xornada laboral do día 17 de Marzo do 2014 dende as 00:00 horas dese día e de carácter INDEFINIDA, que afectara a 1400 traballadoras/es.

domingo, 2 de marzo de 2014

CALENDARIO de MOBILIZACIÓNS :



  •  Martes 4 de Marzo de 10:00 a 12:00 horas Concentración nos Xulgados de Vigo , polo cumprimento das Sentenzas.



  • Xoves 6 de Marzo de 11:00 a 13.00 horas concentración no edificio da xunta , praza da estrela , pra facer entrega da convocatoria de Folga Indefinida que comenzara o 17 de Marzo.

Convocan CIG-CGT-UGT-SGPS.



Non mais despidos 




Non a  chantaxe da direccion  




Non as modificacions sustancias de traballo




PARTICIPA .

martes, 25 de febreiro de 2014

AS MENTIRAS DE CCOO

                AS MENTIRAS DE CCOO

HOXE A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO SACOU UNHA NOTA CONTRA O RESTO DO COMITÉ DE EMPRESA CONTANDO UNHAS COUSAS QUE NON SON CERTAS. 

EXPLICACIÓNS:

·         O PASADO XOVES AS CENTRAIS SINDICAIS CIG (6 DELEGADOS/AS), CGT (43DELEGADOS/AS), SGPS (1 DELGADA) E UGT (2 DELEGADAS), EN TOTAL 12 DE 23, MAIORÍA DO COMITÉ, SÍ É UN PLENO.
                                                                                                                                                            
·         CCOO SÍ FOI CONVIDADA AO PLENO, PERO COMO SEMPRE ESCAPAN, TIVEMOS QUE CHAMALOS POR TELÉFONO, DECLINANDO A SÚA PARTICIPACIÓN. COMO NO XUIZO DE ONTE, A O QUE NON APARECERON (DIRÁN QUE TAMPOUCO FORON CONVIDADOS), FALADO NOS PLENOS DO COMITÉ.

·         NA FOLGA DE AGOSTO DO 2013, VOTOUSE A MAN ALZADA, E CCOO ACEPTOU O RESULTADO. ¿POR QUÉ EN ESTA OCASIÓN TEN QUE SER EN URNA?, PORQUE NON QUEREN A FOLGA,

·         TODAS/OS, SÍ QUERÍAMOS NEGOCIAR, PERO NON COMO DÍ CCOO, CEDENDO NOSOS DEREITOS GAÑADOS  A PULSO DURANTES TODOS ESTES ANOS (É O MESMO QUE CON OS ATRASOS, NEGOCIAR NOSOS CARTOS Á BAIXA, CEDENDO ANTE Á DIRECCIÓN, E ENCONTRA DO QUE DECIDIRA A ASEMBLEA DE NON NEGOCIAR Á BAIXA), TEMOS AS SENTENZAS QUE A DIRECCIÓN NON CUMPLE, E O CONVENIO PRORROGADO,  CREEMOS QUE É DE DONDE TEMOS QUE PARTIR, E NON FACERLLE O PARIPÉ Á EMPRESA, QUE QUERÍA PROPOSTAS QUE FORAN DE 35 HORAS NO SERVIZO QUE PERTENECEN, E O EXCESO DE HORAS EN FINS DE SEMANA EN HOSPITALIZACIÓN, TROCANDO OS HORARIOS DE ESE PERSOAL MÁIS OS DE HOSPITALIZACIÓN, PURO CHANTAXE AO QUE ELES ESTÁN DISPOSTOS A ENTRARLLE Á DIRECCIÓN.

ASI QUE PEDIMOS A CCOO QUE DEIXEN DE CONFUNDIR AO PERSOAL, NINGUÉN QUERE DESPIDOS, TODAS E TODOS QUEREMOS ATOPAR UNHA SOLUCIÓN A ESTE PROBLEMA, PERO NON A COSTA DE VENDER AS NOSAS CONDICIÓNS LABORAIS.




                                                                                                                      C.I.G







 


ratios de persoal e xornada

RATIOS PERSOAL POR CARTILLAS

           CARTILLAS           PERSOAL            M. PACENTES

CHUVI               437.181                                  4.525                                              96

H. POVISA        143.000                                  1.339                                            106

Sen contar os servizos  privatizados, Chuvi (Cociña e/ Alimentación, Mantemento,  Seguridade e Outros) que son 466 traballadores/as, nin persoal en formación ( MIR, MATRONAS, SAÚDE MENTAL  E PIR) outros 201 traballadores/as máis. No Hospital Povisa non temos esos datos (LIMPEZA E SEGURIDADE).


No Hospital Povisa, están sen contar os pacentes  non Sergas :Seguros saúde, laborais, tráficos e particulares ( 20% da facturación ), donde  demostramos que temos mais carga de traballo



XORNADA:
CHUVI:            1624 HORAS ANUAIS              232 DIAS ANO         37.5 HORAS SEMANAIS
H. POVISA      1720 HORAS ANUAIS              252 DIAS ANO         41     HORAS SEMANAIS



Como vedes, máis horas semanais, máis días anuais, máis carga de traballo.


                    DEFENDE TEU CONVENIO

                                                                                                                                                                      C.I.G.





luns, 24 de febreiro de 2014

                  CARA UNHA NOVA FOLGA INDEFINIDA

O PRÓXIMO XOVES 27 DE FEBREIRO AS 15.00 HORAS, NO SALÓN DE ACTOS, VOTARASE PARA A CONVOCATORIA DUNHA NOVA FOLGA EN HOSPITAL POVISA, ANTE A IMPOSIBILIDADE DE CHEGAR A ACORDO COA DIRECCIÓN POLO CAMBIO DE HORARIOS NO SERVIZO DE QUIROFANO, POLICLÍNICAS, RADIOTERAPIA, AUXILIARES DE REHABILITACIÓN E U.V.I., E O DESPIDO DE TRECE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE FINS DE SEMANA, TRAS A SENTENZA GAÑADA NO XULGADO Nº 3 DE VIGO, E RATIFICADA POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA, ONDE MANDA VOLVER A ESTOS A SÚAS QUENDAS ANTERIORES AO 01 DE XANEIRO DO 2013.

venres, 7 de febreiro de 2014

NOVO CONCERTO,NOVOS DESPIDOS


O pasado xoves 6 de febreiro ás 09'30 da mañán, tivemos a xuntaza solicitada pola Dirección,e nela se nos comunicou que en aplicación da sentenza das reducións de xornada (quirófano,policlínica...), e acolléndose ao artigo 41(modificacións sustanciais das condicións de traballo), iban proceder ao despido de trece compañeir@s e á variación das quendas de 68 compañeir@s máis.

Dende a C.I.G, queremos decir: