martes, 8 de xullo de 2014

C.I.G. INFORMA

Unha vez máis a Empresa incumpre a execución da sentenza das quendas das/os auxiliares de hospitalización e celadoras/es  de hospitalización e urxencias.

A sentenza é clara tanto no Xulgado do Social nº3 onde dí:

 “Declaro nulas as modificacións sustanciaís das condicións de traballo referidas, mantendo as condicións da situación laboral dos traballadores/as da empresa demandada, e condeno a empresa a estar e pasar por esta declaración, debendo repoñer aos traballadoras/es afectadas/os e aquelas/es aos que lle beneficie este pronunzamento en orden a retornar ao anterior réximen de quendas de mañán, tarde e noite coas divisións horarias de 8:00h / 15:00h / 22:00h, en periodos semanais de seis días de traballo”.

A sentenza do Superior de Galiza dí :

Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Hospital Povisa contra a sentenza do Xulgado do Social nº 3 de Vigo, do 14 de Septembro do 2012 en autos nº 445/2012, que confirmamos”.

No recurso de Execución de Titulos Xudiciaís , recoñece que non se restableceron as quendas anteriores ás reduccións ,debendo continuarse a execución ata que se restableza por parte da Empresa as quendas anteriores.

Por todo isto a C.I.G informa, de non cumprirse a sentenza retornando as/os traballadoras/es afectadas/os as quendas anteriores de M-T-N, como se viña facendo notificarase á Xuiza responsable da Execución da sentenza.


Non imos tolerar nin ameazas , nin coaccións , nin interpretacións por parte da Empresa que nada teñen que ver coa realidade .Non podemos seguir cedendo os nosos dereitos, nin permitir que se incumpra o noso convenio .

Ningún comentario:

Publicar un comentario