xoves, 31 de xullo de 2014

CIG
INFORMA


Despois dos reiterados incumprimentos pola Dirección do Hospital Povisa da sentenza  das quendas (Nº 445/12) e despois de enviar escritos ao xulgado por parte da nosa Asesoría Xurídica e pola Sección Sindical da C.I.G.,o Xulgado solicita aos avogados dos demandantes que cuantifiquen a multa coercitiva polo incumprimento de dita sentenza. Estes deciden mediante escrito a imposición de 1.500 € por cada día de incumprimento, cifra que irá en aumento no caso de seguir na negativa de cumprir. Anque consideramos que esta medida non é a máis axeitada, xa que o que queremos todas/os é o cumprimento de sentenza por parte da Empresa.


Con isto, a C.I.G. quere manifestar que seguimos loitando  polo cumprimento desta sentenza  e que nunca desistiu, tanto para as/os auxiliares coma para as/os celadores  sendo   extensible ao resto do persoal. Tamén estamos dispostas/os a chegar ata onde sexa para que se cumpran todas as  sentenzas na súa totalidade.


Non máis Coaccións.

¡Defendamos os nosos dereitos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario