domingo, 30 de agosto de 2015

Paralización do traslado ao Novo Hospital de Vigo
EOXI Xeral

Diante da paralización do traslado ao Novo Hospital de Vigo, e á espera de ter máis noticias que confirmen as circunstancias concretas e as medidas a tomar por parte da Xerencia para garantir a continuidade asistencial dos pacientes que xa están no Novo hospital, CIG-Saúde quere poñer de manifesto, unha vez máis que a seguridade das e dos pacientes e das e dos traballadores é a prioridade neste traslado.
 Hospital-publico1
En días anteriores xa tiñamos denunciado que considerabamos precipitado realizar este traslado antes de facer unha avaliación de riscos, e por esta razón pediamos a paralización do traslado.

Felicitámonos de que a Xerencia da EOXI tome conciencia dos problemas existentes e explique claramente, con absoluta transparencia, que está a pasar, e remate con actitudes intolerables de falta de respecto cas e cos profesionais nas condicións do traslado, como o feito de trasladar os contedores de médula sen a supervisión dos profesionais. CIG-Saúde no seu compromiso coa sanidade pública ponse a disposición da Xerencia da EOXI de Vigo para colaborar, coa axuda do conxunto das e dos profesionais, na xestión desta situación garantindo o mellor trato para as e os pacientes e as mellores condicións de traballo das e dos profesionais.

Unha vez solucionado o problema actual e garantida a seguridade e continuidade asistencias das e dos pacientes, esta Xerencia e a propia Conselleira de Sanidade terían que presentar a dimisión, e así o solicitamos.


O día 3 de setembro é unha oportunidade para que a cidadanía pida explicacións por esta situación

Ningún comentario:

Publicar un comentario