mércores, 12 de marzo de 2014

RESPOSTA  DA  C.I.G  Á  NOTA  DE  CC.OO.

Ante a nota repartida polo hospital o día 10 de Marzo por CCOO, a CIG quere aclarar o seguinte:

1.     Nunha reunión do Comité de Empresa antes de acudir á Asemblea, todas as Seccións Sindicais manifestaron a súa vontade de facer todo tipo de mobilizacións, incluída a folga. Isto foi ratificado por todos os Sindicatos, incluído CC.OO, e así  levouse  a Asemblea.

2.     CC.OO non acepta o que diga a Asemblea como xa demostrou  nas  votacións da folga de setembro de 2013, onde manifestou que si saía o SI, non o aceptarían e o levarían a referéndum (como saiu o NON, que era o que eles querían, non fixeron referéndum), é dicir, si sale o que eu quero non fago nada e apoio, pero si sale o que non quero, fago referéndum e vou por libre non acatando a maioría. Non esquezamos que nunha Asemblea se acordou non ceder nada dos atrasos e esta sección sindical fíxolle unha oferta a dirección cos nosos cartos, non respetando a decisión da Asemblea.
                                                                          
3.      As votacións sempre se fixeron a man alzada e na Asemblea, e a CC.OO lle valeu na folga convocada por eles en decembro do 2011 polos despidos de limpeza, na folga da ultractividade en agosto de 2013 e incluso na folga de setembro de 2013. Na de agora non lles vale porque non a queren.

4.     Cando CC.OO fala de consensuar medidas de presión ¿A qué se refire? ¿Cáles son para eles esas medidas? ¿Pactos individuais? ¿Reunións privadas coa dirección para ofrecerlles as nosas condicións laborais a cambio de quén sabe qué?¿Qué pactos teñen coa empresa?¿Cómo é posible que o seu sindicato convoque folga en Frigolouro pola modificación substancial das súas condicións laborais e aquí non se faga?¿Cómo convocan folga en Alcampo por despidos e aquí non? ¿Cómo podes ser tan amarelo na túa empresa e tan loitador nas outras?

5.     CC.OO dí que apoia as concentracións consesuadas no pleno do comité. MENTIRA. ¿Ónde estaban na manifestación do 2013 pola rúa Hispanidade, na que todas as seccións sindicais estiveron de acordo? ¿Ónde estaban o día 4 de marzo na concentración do xulgado?¿E o día 6 de marzo  na concentración da Xunta?

6.      Cando a empresa entregou a memoria explicativa onde aparecen os nomes dos 13 despedimentos, se acordou por parte de todas as sección sindicais, ir a Inspección de Traballo. CC.OO non quixo ir e cal sería a nosa sorpresa, cando nos enteramos que fóron pola súa conta a poñer a denuncia en Inspección sin contar co resto do Comité de Empresa. ¿Esta é a unidade sindical que pide CC.OO, cando son eles os primeiros que van por libre? O único que lles preocupa é facer campaña electoral e afiliadas/os, mentres as/os traballadoras/es de Povisa cada vez perdemos máis dereitos e empeoran as nosas condicións laboráis.


7.     Din que non apoian a Folga , que a solución para eles a xudicializar todo. Xa vemos onde estamos con iso. O que a empresa non gaña nos xulgados, o impón pola forza, levándonos á maior precariedade laboral que houbo xamáis neste hospital.

A sección sindical de CC.OO en Povisa carece de dignidade, ten una actitude chea de mentiras, de manipulacións , está sometida a esta dirección, pretende quedar ben coa empresa e cas/os traballadoras/es e iso e imposible.
¿Cómo CC.OO despois de presumir gañar o xuizo pola ultractividade, non esixe á empresa o seu cumprimento? ¿Cómo un membro desta sección sindical firma voluntariamente a reducción de xornada despois de denunciala e gañala?


Recordade que o próximo 17 de marzo hai unha folga convocada por CIG, UGT, CGT e SGPS en contra da precariedade laboral, dos despidos, polo cumprimento do convenio, pola negociación dun novo convenio…Xa debedes ter todas/os claro cal será a vosa postura de cara a esa folga, e se aínda tedes dúbidas , reflexionade e mirade quén defende os intereses das/os traballadoras/es e non está disposto a regalar nada e quén fai o papel da dirección de desunir, mentir e dividir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario