domingo, 15 de marzo de 2015

A CIG-Saúde denuncia “presións psicolóxicas próximas á tortura” ás folguistas de fame por parte da dirección de Povisa

O hospital vigués impediu que os servizos médicos lles realizasen a analítica de control e fixo todo o posíbel para que non puidesen durmir durante a noite
A CIG-Saúde de Vigo denunciou hoxe publicamente as “presións psicolóxicas próximas á tortura” que Povisa está a facer sobre as traballadoras/es en folga de de fame para intentar que abandonen a protesta coa que reclaman a readmisión de 13 compañeiros/as. A dirección do centro impediu que o servizo médico da empresa lles realizase a analítica de control e deu orde para que se acendese a luz cada media hora e se pasase unha pulidora no lugar onde durmen para evitar o seu descanso.
2015 03 13 FolguistasPovisaAnaliseSangue01
Dende a central nacionalista criticaron con dureza a actitude da dirección de Povisa cando se cumpre o cuarto día de folga, o que na súa opinión amosa a verdadeira cara dos responsábeis da empresa, e cualificaron de “presións psicolóxicas próximas á tortura” o feito de que intentasen por todos os medios evitar que descansasen durante a noite.
Con este obxectivo, un garda de seguridade acendeu cada media hora as luces da zona onde pernoctan, ao tempo que o persoal de limpeza dedicouse a pasar unha pulidora polo chan a partir das 23.00 horas. “Logo enterámonos de que esta labor faise cada cinco meses, e agora aínda non tocaba, indican.
Ademais, a dirección de Povisa deu instruccións ao servizo médico da empresa para que non lles realizase as analíticas de control ás folguistas, que si lles fixo cando comezaron a protesta o pasado martes. Optaron entón por acudir a Urxencias, onde si lles fixeron as probas e lles puxeron suero a causa da deshidratación que padecen.
A pesar de todo as tres traballadoras/es amósanse dispostas/es a continuar coa folga, á que este luns se incoporra un dos celadores despedidos, até que Povisa non dea marcha atrás ás resicións de contrato. Finalmente, dende a federación de Saúde barallan denunciar o proceder da empresa diante da Inspección de Traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario